El Elefante Dorado
Logo Café Colonial

 Colonial Café

Fai moitos anos, cando ninguén sabía o que había máis aló do noso Océano Atlántico, xa os romanos viñan a Fisterra a contemplar como o sol (o astro rei) viña a morrer tódolos días no medio da auga, alá no infinito; só o astro rei podería ter escollido morrer nun lugar tan fermoso.

E así foi como xa entre os romanos, e en todo o seu grande imperio, tiña moita sona 'A Costa da Morte'.
Algúns quérennos convencer de que o nome da Costa da Morte ven de tanto naufraxio e de tantos afundimentos de barcos.

Moito antes de que houbese barcos e naufraxios, xa o sol viña a morrer tódolos días a esta costa.

As xentes da Costa da Morte están moi vivas, son xentes traballadoras, de cultura refinada, e sobre todo cheas de vida.

O Colonial Café quere facer do seu local un lugar de encontro destas xentes; cunha decoración baseada no mar, a ese mar que na Costa da Morte é vida.

Mariñeiros de toda a Costa da Morte veñen ao Colonial, e sen dicir porqué atópanse cómodos, algún chegou a dicir que cando viña de faenar do mar só o relaxaba un bo café no Colonial cunha fermosa muller.

No Colonial Café entran mulleres fermosas, na Costa da Morte non hai mulleres feas.

Espada

" La sacudida de una ola derribó al corsario sobre la cubierta y, por un instante, tuvo la sensación de precipitarse hacia las profundidades.
La borrasca se desencadenaba por encima de su cabeza y, a veces, lanzaba al chocar contra el aparejo un largo aullido que le hizo temblar de pies a cabeza.

Piratas na Costa da Morte
X.G.
Colección particular

Colonial Café. Centro Comercial Finisterrae - 15270 CEE (A Coruña). info@colonialcafe.es